Servizos
EMPRENDEMENTO E PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO
Facemos asesoramento integral a empresas e autónomos/as que vai desde a concreción da idea de negocio á constitución da empresa.
ASESORÍA E XESTIÓN EMPRESARIAL
Asesoramos nas áreas de xestión laboral, fiscal e contable, seguros, tramitación de axudas e subvencións…
CONSULTORÍA E FORMACIÓN
Elaboramos de xeito participativo plans estratéxicos e realizamos avaliacións de proxectos. Realizamos estudos de investigación e divulgativos, módulos e impartimos obradoiros formativos.
COOPERATIVISMO E ECONOMÍA SOCIAL
Especializámonos na promoción e asesoramento de sociedades cooperativas.
Sobre nós
Somos unha cooperativa de traballo asociado dedicada ao asesoramento integral de proxectos, especializada na economía social, atendendo fundamentalmente a cooperativas e asociacións. A nosa actuación, ten como meta a mellora persoal da nosa clientela e das súas persoas traballadoras e colaboradoras, tanto nos aspectos económicos como sociais. Os eixos da nosa actuación son o compromiso, a profesionalidade, a honestidade e a responsabilidade. Non temos presa, as persoas son a nosa prioridade e por iso traballamos en equipo, promovendo a cooperación como fórmula de desenvolvemento social.
Estamos especializados en cooperativas e asociacións.
Titorizamos e acompañamos novos proxectos.
Impartimos cursos e deseñamos plans de formación.
Asesoramos, facemos xestións laborais e fiscais e tramitamos axudas.