Desempeñamos labores de asesoría nas áreas de xestión laboral, fiscal e contable, seguros, tramitación de axudas e subvencións, etc.
Tipos de servizos ofrecidos nesta área:
- Contabilidade e fiscal.
- Asesoramento contable a autónomos/as, cooperativas, e outras sociedades.
- Elaboración de contabilidades, legalización dos libros obrigatorios e depósito das contas anuais.
- Altas e baixas con motivo de iniciación, cese ou variación de actividade.
- Asesoramento fiscal e liquidación de impostos (renda, sociedades, IVE, etc.).
- Tramitación de escritos, recursos e reclamacións.
- Asesoramento, apoio e asistencia ante inspeccións fiscais.
- Laboral e seguridade social.
- Asesoramento integral na xestión laboral e de Seguridade social.
- Xestión e elaboración de nóminas e boletíns de cotización.
- Elaboración e formalización de contratos de traballo, así como a súa modificación, suspensión ou extinción.
- Xestión de subvencións e incentivos en materia de contratación.
- Inscrición de empresas, afiliación, altas e baixas de traballadores/as.
- Tramitación de pensións, subsidios e prestacións sociais.
- Realización de todo tipo de trámites ante os organismos laborais e da Seguridade Social.
- Asesoramento, apoio e asistencia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- Axudas e subvencións.
- Asesoramento e tramitación de axudas e subvencións:
- Para a creación de empresas e autónomos/as.
- Para o fomento do emprego.
- Para o fomento da economía social, cooperativas, sociedades laborais e centros especiais de emprego.
- Para a formación.
- Outras de carácter xeral ou sectorial.
- Asesoramento e tramitación de axudas e subvencións: