Formando, asesorando e cooperando

Servizos

Somos especialistas na consultoría e asesoramento integral de autónomos/as, cooperativas e outras sociedades na área de emprendemento e a xestión empresarial.
Go to EMPRENDEMENTO E PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO

EMPRENDEMENTO E PROMOCIÓN DO AUTOEMPREGO

Facemos asesoramento integral a empresas e autónomos/as que vai desde a concreción da idea de negocio á constitución da empresa.

Go to ASESORÍA E XESTIÓN EMPRESARIAL

ASESORÍA E XESTIÓN EMPRESARIAL

Asesoramos nas áreas de xestión laboral, fiscal e contable, seguros, tramitación de axudas e subvencións…

Go to CONSULTORÍA E FORMACIÓN

CONSULTORÍA E FORMACIÓN

Elaboramos de xeito participativo plans estratéxicos e realizamos avaliacións de proxectos. Realizamos estudos de investigación e divulgativos, módulos e impartimos obradoiros formativos.

Go to COOPERATIVISMO E ECONOMÍA SOCIAL

COOPERATIVISMO E ECONOMÍA SOCIAL

Especializámonos na promoción e asesoramento de sociedades cooperativas.

Queres que falemos?

Sobre nós

Somos profesionais do cooperativismo e a economía social
As persoas son a nosa prioridade

Somos unha cooperativa de traballo asociado dedicada ao asesoramento integral de proxectos, especializada na economía social, atendendo fundamentalmente a cooperativas e asociacións. A nosa actuación, ten como meta a mellora persoal da nosa clientela e das súas persoas traballadoras e colaboradoras, tanto nos aspectos económicos como sociais. Os eixos da nosa actuación son o compromiso, a profesionalidade, a honestidade e a responsabilidade. Non temos presa, as persoas son a nosa prioridade e por iso traballamos en equipo, promovendo a cooperación como fórmula de desenvolvemento social.

  • Estamos especializados en cooperativas e asociacións.

  • Titorizamos e acompañamos novos proxectos.

  • Impartimos cursos e deseñamos plans de formación.

  • Asesoramos, facemos xestións laborais e fiscais e tramitamos axudas.

Proxectos

Exemplos de experiencias e iniciativas

Proxecto Batefogo

Prevención de lumes forestais a través da intervención social
Proxecto de intervención social que propón compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural.

Escola cooperativa móbil

Proxecto que dá a coñecer a fórmula cooperativa e a economía social ás persoas que están a piques de incorporarse, seguramente ao seu primeiro traballo.
Proxecto formativo da Xunta de Galicia para centros de Formación Profesional. Procura dar a coñecer a fórmula cooperativa e en xeral a economía social ás persoas que están a piques de incorporarse, seguramente ao seu primeiro traballo, e quen sabe se crear o seu primeiro proxecto cooperativo!

Programa Cooperamos

Apoio a pequenas e pequenos futuras cooperativistas, para presentaren a súa candidatura aos premios do cooperativismo no ensino da Xunta de Galicia.
Participamos no programa Cooperamos, apoiando pequenas e pequenos futuras cooperativistas, que procuraban presentar a súa candidatura aos premios do cooperativismo no ensino da Xunta de Galicia. Con formación e información, colaboramos con distintos centros para gañar varios premios.

Formación en fomento do cooperativismo

Labor constante de fomento e formación do cooperativismo en distintos niveis.
Realizamos constantemente un labor de fomento e formación do cooperativismo en distintos niveis, cos centros de ensino, con persoas desempregadas, coas cooperativas e co público en xeral.

Testemuños

Falan de nós

Contacta con nós