Vamos a inaugurar este blogue no 2018 cunha publicación que penso que vos pode intresar a todas e todos. Chega a campaña da renda, con certeza xa víchedes algún anuncio na televisión, radio ou prensa. Como sabedes estamos á vosa disposición para clarexar dúbidas de calquera tipo e axudarvos en calquera tramitación.
Para abrir boca imos introducirvos as que consideramos as principais novidades deste exercicio da renda 2017.
A primeira é que a Axencia Tributaria xa non realizará máis envío postal de borradores, isto non implica que non se vaia a poder acceder aos mesmos, só que non os enviarán por carta. Agora haberá que consultar o borrador mediante a aplicación rentaweb de facenda, moi faciliña de utilizar. Aquí deixamos o enlace.
Así mesmo permítese a presentación da declaración a través dunha nova app mobil sempre e cando sexa só subscribir o borrador. Neste senso recordamos que é moi importante revisar o borrador e asegurarse de que non contén erros ou falte algunha deducción –a maioría non se inclúen-. Tamén é interesante, por habitual nestes últimos meses, que se se reciben devolucións das famosas “clausulas suelo” das hipotecas, non se terá que tributar elas.
Para informarvos sobre esta e outras novidades como os mínimos por descendentes, deducións por inversión empresarial, empresarios e profesionais en réxime de estimación obxetiva (módulos)… non tedes máis que contactar con nós a través do cuestionario que aparece máis abaixo.
Para rematar unha de prazos, non vaia a ser que se nos pasen as datas:
· Solicitude e consulta dos datos ficais: xa se pode dende o pasado 26 de marzo
· Comezo da campaña, ou pistoletazo de saída: onte, mércores 4 de abril
· Final da campaña e liña de mete: será o 2 de xullo, aínda que se a nosa renda sae a pagar e queremos que facenda nos cargue directamente o pagamento na nosa conta bancaria, temos que presentala como moi tarde o día 27 de xuño
Por último recordarvos que ficamos á vosa disposición para axudarvos coa vosa declaración da renda!
Se preferides o email, ou o telefono en vez do formulario de contacto, podedes enviar un correo electrónico a contacto@encomun.coop ou no telefono fixo 981·10·57·73 ou mobil 669·10·43·36
A Equipa de Encomún Proxectos, S. Coop. Galega