Despois de moitas voltas, por fin podemos anunciar a chegada da nosa páxina web e das nosas contas nas redes sociais. Benvindas e benvindos!
Como se pode observar hai aínda zonas por pintar, outras por varrer e algúns detalles por puír. Aos poucos iremos avanzando e mellorando estes nosos novos espazos. Agradécense suxestións!
A principal razón de ser tanto da web como das redes sociais é o establecer novas canles de comunicación contigo, ademais de ofrecerche algúns recursos e que coñezas os nosos servizos. Non dubides en contactarnos para o que precises! Podes facelo a través do formulario de contacto, por correo electrónico ou por teléfono. Serás benvinda/o!
Atención! Chegamos tamén a: Facebook, Twitter e LinkedIn.