8th marzo 2017

Sobre nós

sobre_nos-arriba

Encomún Proxectos, S. Coop. Galega somos unha cooperativa de traballo asociado dedicada ao asesoramento integral de proxectos, especializada na economía social, atendendo fundamentalmente a cooperativas e asociacións.
Mediante a innovación, a formación e a consultoría tratamos de achegar novos enfoques e perspectivas, para pór en valor o capital humano e xestionar eficazmente os proxectos. A nosa actuación ten como meta a mellora persoal da nosa clientela e das súas persoas traballadoras e colaboradoras, tanto nos aspectos económicos como nos sociais.

Queremos ser un referente no asesoramento e xestión de calidade e converternos nun alicerce para os novos proxectos de emprendemento e autoemprego. Pretendemos, así mesmo, converternos nun aliado incondicional das persoas que confíen en nós para acompañalos no seu proxecto, comprometéndonos coa súa mellora e desenvolvemento.

Os eixos da nosa actuación son o compromiso, a profesionalidade, a honestidade e a responsabilidade.

Non temos présa, as persoas son a nosa prioridade e por iso traballamos en equipo, promovendo a cooperación como fórmula de desenvolvemento social.

sobre_nos-abaixo